Creacións artísticas con cemento

Estas obras realizadas por  ASITODOELRATO  comparten estructuras de cemento como soporte nas que a combinación da luz natural e a luz negra xogan un papel moi activo. 

Explosión de formas, forza e cor. 

Universos Divers@s inclúe varias estruturas uterinas que descobren, no seu interior, diferentes universos e constelacións.

A árbore da vida, o útero cósmico que conecta todos os seres, os reflexos que inundan os ceos de estrelas, planetas e buracos negros:

universos13
universos12

O cosmos inclúe a diversidade de seres, formas, luces, movementos e materiais capaces de crear e destruír. 

Do mesmo xeito que os seres humanos se xestan no útero, o universo xérase por se mesmo. 

Esta mestura, tan sinxela e transcendente ao mesmo tempo, é a base desta obra.

A maxia da luz negra

A visión con luz natural

Novas

Participamos este mes de marzo no mercadillo de Aula Yoga Sana

Exposición de Univers@s Diversas no espacio 981Style

O que din quenes se achegaron a Expo

Somos infinitos como ó universo ó que pertencemos. A vosa exposición é máxica, sodes 2 alquimitas, gracias por compartir a vosa creatividade connosco.

Montse

Unha inmersión con notas agradables, música para un encontro orixinal, o aroma das luces que perpetúan o enigma dunha existencia: este é o meu baile aquí e agora.

FerFeliz

O Universo ten música para aqueles que saben escoitala

Silvia Inopia

Subscribe to the updates!